O grupo creouse a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados da tradición oral co repertorio de gaiteiros solistas. En 1998 gravaron o seu primeiro CD, ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. O disco é un resumo dos seus primeiros catro anos de actividade, con cantigas e melodías de nova composición, mesturados con antigos romances e pezas populares. En 2002 gravaron o seu segundo traballo, Sen tempo non era, editado por Zouma Records.
TOUR DATES & TICKETS
No upcoming shows.
Get notified when they announce a show →